h1

Vázquez Abad destaca a loita da Federación de Empresas de Formación pola calidade da oferta educativa

27 marzo 2012

http://www.galiciahoxe.com    25.03.2012 

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, destacou a “loita” da Federación Galega de Empresas de Formación pola calidade da oferta educativa dos centros formativos de Galicia.

Así o manifestou este sábado na inauguración do acto de celebración do XXV aniversario da Federación Galega de Empresas de Formación, no que destacou o labor desenvolvida Cecap Galicia, entidade que agrupa os centros dedicados á formación e á educación non regulada das catro provincias.

Na súa intervención, o titular de Educación destacou a “loita” da entidade “a favor da calidade da oferta educativa nos centros formativos de toda Galicia”. Un traballo que como indicou “contribúe á consecución do obxectivo común, a excelencia educativa”.

Ademais, Vázquez tamén subliñou a “importancia” dos membros da Cecap como “empresarios emprendedores” que “crearon empresas introducindo as súas ideas nos mercados facendo fronte á incerteza e proporcionando riqueza ao seu ámbito” e que “dan agora traballo os seus 150 centros asociados a máis de 3.000 traballadores”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: