h1

O conselleiro de Cultura e Educación inaugura o acto de celebración do XXV aniversario da Federación Galega de Empresas de Formación

27 marzo 2012
  • Xesús Vázquez Abad destacou o labor de CECAP Galicia nos seus 25 anos de andaina
  • A Consellería de Traballo entregou dos diplomas de accións formativas para persoas desempregadas, para as que a Xunta ten mobilizado este ano máis de 55 millóns de euros

http://www.edu.xunta.es/    Sáb, 24/03/2012

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou hoxe o acto de celebración do XXV aniversario da Federación Galega de Empresas de Formación, un acto no que salientou o labor desenvolvido por CECAP Galicia, que agrupa aos centros dedicados á formación e ao ensino non regulado das catro provincias,nos seus 25 anos de andaina.

Así mesmo, Vázquez Abad salientou a loita do CECAP “a prol da calidade da oferta educativa dos centros de formación do noso país. Porque este labor contribúe á consecución do noso obxectivo común, a excelencia educativa”.

Ademais o conselleiro destacou a importancia dos membros da CECAP como empresarios emprendedores, que “crearon empresas introducindo as súas ideas nos mercados, facendo fronte á incerteza, proporcionando riqueza ao seu contorno e actuando como motor da innovación, a competitividade e a economía”, e que dan agora traballo nos seus 150 centros asociados a máis de 3.000 traballadores. “Son, pois, – engadiu- un espello no que as novas xeracións se poden mirar, buscando referentes. Son un faro que guía aos que buscan saídas a esta crise”.

Na inauguración o conselleiro estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill; polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla; polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño; polo presidente da CECAP, Javier Jiménez Ortiz; e polo presidente de CECAP Galicia, Pedro P. Rey Vera.

Accións formativas para desempregados

Neste contexto, ademais da participación do conselleiro de Cultura e Educación, a Xunta de Galicia está presente nesta celebración coa asistencia do director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, Odilo Martiñá, que entregou os Diplomas de Accións Formativas para Persoas Desempregadas (AFD), acto no que Martiñá destacou a frutífera colaboración mantida entre a Consellería de Traballo e Benestar e a CECAP na realización destes cursos dirixidos aos desempregados.

Neste sentido explicou que a Xunta de Galicia ten mobilizado este ano 2012 máis de 55 millóns de euros para a programación de accións formativas dirixidas de forma prioritaria a persoas traballadoras en situación de desemprego. De feito, os centros da CECAP na provincia de Pontevedra optaron a máis de 4 millóns de euros para impartir ata 54 cursos, o que supón máis de 33.000 horas de formación, e que permitían a participación de 810 traballadoras e traballadores. Ademais lembrou que na provincia de Pontevedra, a cantidade executada na programación AFD do 2011 ascendeu a case 23 millóns de euros.

Así mesmo, salientou a profesionalidadee o rigor das empresas de formación que teñen colaborado nestas actividades, e puxo en valor o seu traballo nun momento no que o Goberno e a sociedade galega se están a esforzar para loitar contra a crise económica e o desemprego.

Intercambio de experiencias

Ao longo da xornada desenvolveranse diferentes actividades coas de CECAP Galicia quere homenaxear ao mundo da formación e crear un espazo de confraternidade entre os asociados e outros profesionais e autoridades.

Baixo o título ‘A Forza dun Sector’, os asistentes poderán poñer en común experiencias e visións sobre a actividade dos sector. A xornada completarase cunha mesa redonda, na que participarán o vicepresidente primeiro de CECAP, Albert Colomer i Espinet; e José Jaime López Cossío, socio director de Laudantis. Xa pola tarde desenvolveranse as actividades de carácter máis lúdico, coa actuación do mago David Méndez co espectáculo A Formación por arte de maxia”, e a actuación da Coral Casablanca.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: