h1

ACADEMIAS VERSUS EMPRESAS DE FORMACIÓN

14 marzo 2012
Eligio Pérez Pereiro

Eligio Pérez Pereiro

Moitos de nós, acordamos uns centros aos que despois de sair dos institutos asistiamos para reforzar os coñecementos en determinadas asignaturas que se nos atragantaban no bacharelato, incluso  preparabamos diversos cursos para acceder aos exámes por libre, e; ¿lembrádesvos da reválida?,¿ tanto a de cuarto como a de sexto?,  aqueles temibles grupos  que os tiñamos que aprobar todos, para poder pasar o curso seguinte.

A estes centros chamámoslle Academia,  un establecemento de ensino, unha institución docente. Sabemos que a palabra Academia é de ampla acepción e indica prestixio, fainos pensar na escola filosófica fundada por Platón.

Moitos tamén acordaredes  as prácticas de mecanografía e de taquigrafía, o método martiniano.  Uns coñecementos de contabilidade para poder entrar na Banca, preparabámonos nunha Academia. Qué me dicides das oposicións ¿cántos amigos conseguiron postos de traballo como funcionarios? ¿Cántos licenciados e diplomados prepararon algunha asignatura daquel  profesor tan duro co cal  suspendían unha porcentaxe alta de alumnos? O lugar de encontro de todos nós, eran as Academias. Seguramente moitos dos nosos dirixentes pasaron por unha Academia, estou  ben seguro.

E cando rematamos os estudos e tivemos que buscarnos unha saída laboral pensamos, ¿por qué non abrimos unha Academia? , e así o fixemos, abrimos un establecemento dedicado o ensino…

É certo que as condicións mudaran bastante, xa escoitabamos termos como cibernética computadoras, etc.

Nós, queriamos ser innovadores, Mecanografía Audiovisual, ordenadores, proxectores, pizarras brancas, papelógrafo etc. Cantas dores de cabeza pensando na financiación.

E aquí estamos cun centro de formación, e sendo membros dunha prestixiosa organización á cal pertencen moitos que xa existían naquel intre, con moitos outros que xurdiron despois, coma nós. Cántos e bos amigos temos na Federación Galega de Empresas de Formación (CECAP Galicia).

Deixando atrás a nostalxia, temos que falar do importante papel que xogan hoxe en día as Academias ou Centros de Ensino. Ademais dos estudos enumerados anteriormente e sempre dende a profesionalidade que caracteriza ós seus directores, xa non como docentes senón como empresarios de formación, adaptándose ás transformacións que sofre a sociedade nos últimos anos e converténdoas en verdadeiras Empresas de Formación. Como iba dicindo ademais deses estudos xorden outros como electrónica, informática, idiomas… Teñen que adaptar e adaptan os seus centros e o seu profesorado ás novas tecnoloxías, aplicar os procedementos de calidade, e aos continuos cambios que xorden na sociedade. É importante que suliñemos o papel que se cumpre como empregadores, dende o punto de vista interno, cun número importante de postos de traballo, así como colaborando coa sua bolsa de traballo coas empresas do seu entorno. Para moitos profesores de Centros Reglados, Universidades, etc., as academias  servíronlle como rodaxe e experiencia na adquisición de aptitudes pedagóxicas.

A Academia/Empresa de Formación, podemos dicir que serve de complemento ao ensino denominado reglado, e ás materias que nelas se imparten van enfocadas a que os alumnos adquiran un nivel suficente de coñocementos profesionais cara o mundo laboral. A maioría dos nosos centros levan anos impartindo cursos de Formación Ocupacional nas distintas Familias Profesionais, homologados pola Consellería de Traballo.

As Academias/Empresas de Formación, reivindicamos ese espazo que nos corresponde dentro da Formación Complementaria, e como empresarios dinámicos que somos, débesenos ter en conta dentro do importante papel que esta formación xoga hoxe na imparable evolución de Galicia. A nosa organización conta cunha gran representación territorial, está presente na maior parte dos municipios galegos, bríndase a colaborar cas institucións, organismos publicos, axentes sociais, etc, aportando as suas infraestructuras, experiencia, profesionalidade e  recursos. Os obxectivos son comúns.

Eligio Pérez Pereiro

Vicepresidente 1º de CECAP Galicia

Federación Galega de Empresas de Formación

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: