h1

Carta do presidente de CECAP

13 marzo 2012
Javier Jiménez Ortiz

Javier Jimenez Ortiz

“A Forza dun sector”… Baixo este lema, a Federación Galega de Empresas de Formación, CECAP GALICIA, celebra o XXV Aniversario da súa constitución.

Atrás quedan 25 anos de camiño e traballo por e para os centros de formación galegos e por diante todo un futuro incerto pero esperanzador.

Este XXV aniversario trae á miña memoria a mesma efeméride que celebramos en 2009 cando CECAP, a nosa Confederación, cumpriu tamén as súas vodas de prata. Aquel aniversario foi posible grazas á historia escrita día a día polos centros e empresas de formación que foron forxando e tecendo a estrutura organizativa provincial e autonómica de CECAP.Quixese expresar a través destas liñas o meu agradecemento a aqueles pioneiros do movemento asociativo que fixeron posible o nacemento do que hoxe é CECAP Galicia e de quen ao longo destes anos contribuíron co seu tesón e esforzo ao crecemento e consolidación da Federación. Ao recoñecemento polo xa alcanzado quero unir os meus mellores desexos de cara ao futuro máis inmediato. Conscientes das dificultades do momento actual, debemos ser optimistas e confiar na nosa capacidade, dabondo demostrada, de innovación e adaptación aos cambios. Desde esta confianza, reitero a miña felicitación a CECAP Galicia e o meu desexo doutros 25 anos encarnando a forza do noso sector.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: