h1

Carta do Presidente de CECAP Galicia aos asociados

6 marzo 2012

Pedro P. Rey Vera

Estimado asociado:

Diríxote o presente escrito en calidade de Presidente de CECAP Galicia, Federación Galega de Empresas de Formación, para facerche partícipe dos actos conmemorativos do seu XXV ANIVERSARIO.

Sendo conscientes da importancia do papel que xoga o noso sector na sociedade en xeral, no actual momento socioeconómico tendo presente a publicación das medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, este é un punto de inflexión que esperemos nos traia novas esperanzas.

CECAP Galicia organiza baixo o lema “A Forza dun Sector”, un espazo de debate, de posta en común das distintas visións que temos os asociados nestes momentos, contando coas principais opinións técnicas do sector: da Consellería de Traballo, de CEOE, da C.E.G., etc.

Como Presidente de CECAP Galicia teño a honra convidarte a participar nesta celebración, que terá lugar o próximo día 24 de marzo de 2012 no Gran Salón do Pazo Los Escudos (Avenida Atlántida número 106 – 36208 Vigo) a partir das 11:00 horas.

Esperando poder saudarte personalmente, e agradecendo de antemán o teu apoio e contribución a este evento, que pretende configurarse como un espazo de confraternidade entre os asociados e outros profesionais e autoridades, aproveito a ocasión para enviarche un afectuoso saúdo.

Pedro P. Rey Vera

Presidente CECAP Galicia

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: