h1

Actividades PRODIFORM IV

14 enero 2010

A proposta de actividades a realizar por CECAP Galicia e as asociacións provinciais membro é a seguinte:

– XORNADAS

Xornadas de difusión programadas polas Organizacións membro no ámbito autonómico ou provincial.

A duración estimada da xornada será de 4/5 horas co seguinte esquema xeral:

1. A Formación para o Emprego como motor de mellora da competitividade da empresa: marco normativo.

2. A formación de demanda: o sistema de bonificacións nas cotas á Seguridade Social.

3. Análise da formación de oferta.

4. O Sistema Nacional de Cualificaciones. A certificación profesional: o novo reto da Formación Profesional para o Emprego.

5. Debate e coloquio.

– CONFERENCIAS

O obxectivo principal é sensibilizar ao colectivo destinatario da importancia que a formación para o emprego e os recursos humanos cualificados teñen na sociedade actual. Pensamos que é unha tarefa vital a desenvolver xa que segue habendo un gran número de persoas e empresas que descoñecen o Sistema de Formación para o Emprego e como consecuencia estanse deixando de utilizar fondos destinados na súa orixe á maior cualificación de traballadores e á maior competitividade do tecido empresarial español.

Sería un acto dunha hora ou hora e media como máximo na que un relator/conferenciante expón as diferentes vantaxes da Formación para o Emprego e a necesidade da formación no momento actual.

– COMUNICADOS OFICIAIS

Esta actividade poderá desenvolverse por parte das organizacións membro de CECAP, así como outras organizacións públicas e/ou privadas que queiran sumarse á II Semana da Formación para o Emprego.

A idea é realizar unha comunicación de tipo oficial na cal establézase a posición da organización a favor do sistema e apoio a calquera acción positiva.

– ROLDA DE PRENSA

As entidades colaboradoras poderán convocar roldas de prensa ou actos cos medios de comunicación xa sexan prensa escrita, TV ó radio.

Para esta actividade CECAP circulará unha nota tipo que poderá ser utilizada na reunión cos medios de comunicación por parte do portavoz da entidade convocante. Este tipo de evento poderán promovelo tanto as organizacións membro no ámbito autonómico como no ámbito provincial.

– SINATURA ELECTRÓNICA: ACCESO A Empresas

Con esta actividade quérese facilitar o acceso á sinatura electrónica das empresas, con especial atención ás pemes.

– LIBRO DE SINATURAS

Nesta actividade exponse un libro de sinaturas no que se poidan reflectir os apoios das diferentes entidades vinculadas ao sistema.

– LINK “II SEMANA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO”

Esta actuación de participación e apoio á II Semana da Formación para o Emprego consiste en instalar un enlace do anagrama deseñado para a mesma na páxina Web da entidade colaboradora, de maneira que o internauta que acceda á Web de calquera centro que se queira sumar a esta actividade directamente enlace coa páxina Web de PRODIFORM IV na que poida consultar toda a información sobre o sistema.
O enlace manterase, polo menos desde o 1 de xaneiro ao 31 de maio de 2010.

– RECOMPILACIÓN DE ANÉCDOTAS

Nesta actividade quérese expor o humor como ferramenta necesaria en todas as facetas da vida e pensamos que logo de tantos anos traballando en formación son moitas as experiencias vividas.

Así pois os centros que queiran sumarse á “II Semana da Formacion para o Emprego” a través desta acción recollerán nun libro/caderno aquelas anécdotas xurdidas en cursos, accións formativas tanto de traballadores ocupados como desempregados, experiencias vividas con alumnos, profesores, Administracion, etc.?, seguro que son moitas e divertidas.

– BLOG “II SEMANA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO”

As noticias voan a través de Internet e nesta actividade o centro promotor deseñará un blog activo e aberto no que se poidan envorcar as opinións de calquera persoa, empresa ou organismo vinculado ao Sistema de Formación para o Emprego.
A entidade promotora desta actividade encargarase da dinamización do blog e comunicará a CECAP a dirección do mesmo para poder publicitalo na difusión das actividades e eventos da “II Semana da Formación para o Emprego”.

– FEIRAS

As entidades colaboradoras que opten por esta acción exporán no marco dunha Feira celebrada no seu territorio e cuxo obxecto sexa a formación, a educación, o emprego, etc… a achega dunha caseta que faga referencia á Formación para o Emprego.

A actividade establecerá unha data, hora e lugar de celebración.

– ADHESIÓNS A  “II SEMANA DA FORMACIÓN PARA O EMPREGO”

Con esta acción preténdese conseguir apoios á celebración da II Semana da Formación para o Emprego de institucións públicas e privadas, concellos, corporacións locais, universidades, organizacións empresariais, sindicatos, grandes empresas, etc.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: